Futuro de Indicativo Rotating Header Image

Ensaio sobre a lucidez e lonchas de chourizo como votos

Ensaio sobre a lucidez é unha das obras do grandísimo autor portugués José Saramago, obra onde narra un absurdo panorama democrático no cal dous partidos se reparten un 15% dos votos, mentres o outro 85% se debe a voto branco.

Nos pasados comicios apenas chegou a falarse deste tema nos medios públicos, reparastes? E nembargantes, só faltaron 400 000 votos para que a suma deles en branco, nulos e abstención superasen á maioría absoluta obtida polo PP. Merece unha reflexión, non credes…?

No crítico, gamberro e divertidos programa Carne Cruda, que se emite todos os días de 14:00h a 15:00h en Radio 3, e que vos recomendo escoitedes algunha vez (a través dos seus podcast, que a ninguén se lle ocurra presentarse cuns cascos na clase!!), fixeron esta lectura dos resultados electorais (últimos 10 minutos) no seo dun programa adicado a Saramago. Para non perderse, o feito acontecido en Val do Dubra, Galicia, onde foi dada por válida unha papeleta cunha loncha de chourizo…

Comments are closed.