Futuro de Indicativo Rotating Header Image

Amores Prohibidos 2.0

Amores prohibidos é un proxecto de teatro online interactivo que creou a compañía Chévere xunto á empresa de networking A Navalla Suíza. Pola natureza dos nosos proxectos anteriores no Club do Antifás, elexíronnos a nós para escenificar e protagonizar esta interesantísima proposta. Na páxina de RedeNasa.Tv hai un apartado especial sobre Amores Prohibidos onde podedes ver todo: como se creou, como se levou á práctica, os nosos noticieiros, o guión da obra (que transcurriu durante cinco días, como na orixinal -Romeo e Xulieta-), etc.

Botade unha ollada a algunha das fotos do proceso:

Deixámosvos aquí os vídeos que montamos no seo deste grupo, o Futuro de Indicativo!
Cachatronic informa: capítulo 1

Cachatronic informa: capítulo 2

 

Making off