Futuro de Indicativo Rotating Header Image

Campus eduEmprende

O pasado martes 31 de xaneiro visitamos a Ulloa a coñecer tres exemplares empresas que aúnan conceptos que nos interesan: sostibilidade social e económica, respecto ó medioambiente, creatividade:

  • Granxa Maruxa, que pón música ás súas vacas e fai as mellores galletas de nata do mundo
  • Ovos Pazo Vilane, ou 30 000 galiñas que campan ó seu aire polas leiras da Ulloa
  • Arqueixal ecoagroturismo, complexo rural onde se poden degustar produtos lácteos ecolóxicos en vivendas construídas baixo criterios bioclimáticos
Para isto, Fátima e María de Promove Consultora e Eva de Gimena Ingeniería déronnos unhas clases previas de preparación (podes ver a presentación que fixeron na aula) e propuxéronnos un modelo de cuestionarios que levar ás empresas; Fungo gravou un documental que proximamente penduraremos. Todo isto formou parte dun proxecto financiado por BIC Galicia (Consellería de Economía e Industria) e xestionado por Promove Consultora.
Proximamente teremos a reportaxe das nosas avezadas xornalistas; ata entón, deixámosvos unha galería de imaxes da visita. A avaliación, unánime: fantástica e enriquecedora experiencia!!

 

Comments are closed.