Futuro de Indicativo Rotating Header Image

Prensa e comunicación

Resistencia pasiva

Dende hai uns meses pode escoitarse por parte dos nosos gobernantes que aqueles que expresamos publicamente as nosas discrepancias somos “o inimigo”.
Somos inimigos por opinar (argumentadamente)? por querer cambiar as cousas (construíndo)? por non agacharnos para falar (a quen nos queira oír)?
Así as cousas, resistir é ser coherente coas nosas crenzas. As que temos trala lectura e revisión de documentos críticos; tralas palabras de mestres sabios; tralo aprendido nas aulas públicas (que a nós, perdóeme señor ministro de Educación esta disgresión, parécennos útiles á sociedade española, e á galega tamén).
Pasivo: quen deixa que actúen sobre el sen ofrecer oposición. Pasivo era Man de Camelle, quen morreu de saudade cando o seu mar se tinxiu de vergoña e mentiras negras; pasivos foron Gandhi, Cristo, Mandela. Non sei se nós somos pasivos: xuntámonos cando ninguén nolo manda e reflexionamos, creamos, compartimos. Aprendemos e iniciamos camiños que outros andan con alegría. Saímos da caverna, que diría Platón.
Dentro duns meses, ofrecer “resistencia pasiva” será delito. Que será dos activos a partir dese día?

Un sistema que non admite críticas non é o noso sistema: non somos antisistema, o sistema é antinosoutros 🙁

Conferencias TED

Onte o pai dun dos nosos Futúricos, Xabier Vázquez, falounos dun interesante evento: as TED, Tecnoloxía, Entretemento, Deseño. Trátase dunha organización sen ánimo de lucro dedicada ás “Ideas dignas de difundir”. TED organiza congresos anuais (TED Conference) e charlas (TED Talks) que cubren un amplio espectro de temas: ciencias, arte e diseño, política, educación, cultura, negocios, asuntos globais, tecnoloxía e desenvolvemento, entretemento. Houbo conferenciantes da talla do ex Presidente dos Estados Unidos, Bill Clinton, os Premios Nobel James D. Watson, Murray Gell-Mann, e Al Gore, o co-fundador de Microsoft, Bill Gates, os co-fundadores de Google Sergey Brin e Larry Page…

Hai máis de 900 charlas TED dispoñibles en liña para consulta e descarga gratuíta, traducidas a 80 idiomas e vistas máis de 500 millóns de veces.

Xabier recoméndanos esta intersantísima TED celebrada en Compostela, unha charla sobre a importancia de preservar a nosa identidade cultural como vía para deixar unha traza na historia actual. O conferenciante, Manolo Gago (Palmeira, 1976), é o director de culturagalega.org, sitio para divulgación cultural do Consello da Cultura Galega.  Profesor asociado da Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago, traballa no eido do ciberxornalismo. Podedes consultar o seu blog persoal, Capitulo 0.

Delincuencia, de La Polla Records

Xa vos temos falado do programa de Radio 3 “Carne Cruda”, que intenta dar un vistazo crítico e comprometido á realidade a través da música.

Hoxe houbo un programa que nos vén ó pelo para o noso: no marco da “Semana da Democracia”, acudiron dous divertidísimos grupos ó estudio que fan música gamberra pero con conciencia: LA GRAN ORQUESTA REPUBLICANA e SISTEMA DE MONOS, quen pincharon seguindo estas consignas: 1) Unha canción revolucionaria, 2) Unha canción manifesto, 3) Unha canción denuncia e 4) Unha canción utópica. Curiosamente, ambos grupos coincidiron en elixir o seguinte tema de La Polla Records:

Ambos grupos falaron das súas referencias musicais (Sex Pistols, Mano Negra, The Clash, Krahe…), literarias (Benedetti ou Galeano); Se queredes oír todo o programa podedes facelo nos podcast en Radio 3 (tedes que buscar o da data de hoxe, 9 de decembro).

Vigildad la delincuencia…es una plaga social,
una raza despreciable,una raza a exterminar…
banqueros unos ladrones,sin palancas y de día,
políticos estafadores, juegan a vivir de ti…
fabricantes de armamento, eso es jeta de cemento
las religiones calmantes, y las bandas de uniforme…
la droga publicitaria delito premeditado,y la estafa inmobiliaria…
delincuencia,delincuencia…es la vuestra asquerosos
delincuencia vosotros haceis la ley
¡CHUPA DE AQUI…ARTICULO 4!
…NO TE PARES AHORA…
delincuentes, delincuentes…siempre jodiendo a la gente
delincueeeeeennnnnteeeeeeees
explotadores profesionales, delincuencia es todo aquello 
que os puede quitar el chollo,que os puede quitar el chollo

E o remate do programa: tras afirmar que había que combatir a indiferencia e o aburrimento (e niso andamos neste Futuro de Indicativo), un lema: “se a vida non che sorrí… faille cóxegas!!” 😉

Hai alternativas e non sabemos delas. Non interesa…


Cris Suárez e Laura Triñanes informan:

Cris propónnos que visitemos estes links onde se nos informa sobre o tema da indignación:

E Laura Triñanes recoméndanos esto: