Futuro de Indicativo Rotating Header Image

educación

EU SEREI…Vídeo resumo do que fixemos este ano

A universidade dos pés descalzos

A Fala de Estremadura

OS LINGÜISTAS RELACIÓNANA MAIORITARIAMENTE CO GALEGO

Para moitos é descoñecido que os galegos que participaron na repoboación peninsular a partir do século XII deixaron a súa impronta nas zonas onde se asentaron. Así ocorreu no Val de Xálima, onde tres aldeas -As Ellas, San Martín de Trebello e Valverde do Fresno-, como tres aldeas “galas”, resistiron á presión lingüística do castelán durante séculos e mantiveron a transmisión xeracional da súa fala. Esta leva nome diferente segundo o falante sexa dun ou outro concello: mañego -mañegu- (San Martín de Trebellu), valverdeirovalverdeiru- Valverde do Fresnu e lagarteirolagarteiru– nas Ellas, pero todas teñen unha enorme proximidade lingüística.

Podedes ver nesta ligazón un breve vídeo para ir abrindo boca antes da excursión:

Campus eduEmprende

O pasado martes 31 de xaneiro visitamos a Ulloa a coñecer tres exemplares empresas que aúnan conceptos que nos interesan: sostibilidade social e económica, respecto ó medioambiente, creatividade:

  • Granxa Maruxa, que pón música ás súas vacas e fai as mellores galletas de nata do mundo
  • Ovos Pazo Vilane, ou 30 000 galiñas que campan ó seu aire polas leiras da Ulloa
  • Arqueixal ecoagroturismo, complexo rural onde se poden degustar produtos lácteos ecolóxicos en vivendas construídas baixo criterios bioclimáticos
Para isto, Fátima e María de Promove Consultora e Eva de Gimena Ingeniería déronnos unhas clases previas de preparación (podes ver a presentación que fixeron na aula) e propuxéronnos un modelo de cuestionarios que levar ás empresas; Fungo gravou un documental que proximamente penduraremos. Todo isto formou parte dun proxecto financiado por BIC Galicia (Consellería de Economía e Industria) e xestionado por Promove Consultora.
Proximamente teremos a reportaxe das nosas avezadas xornalistas; ata entón, deixámosvos unha galería de imaxes da visita. A avaliación, unánime: fantástica e enriquecedora experiencia!!

 

Redes: O sistema educativo é anacrónico

Velaiquí un capítulo do famoso programa Redes (conducido polo voso admirado Punset 😉 ), onde nos fala do sistema educativo actual, e dá argumentos acerca da súa obsolescencia. Botádelle un ollo e comentádenos!