Futuro de Indicativo Rotating Header Image

economía

Dos tomates y un destino

Falar dos tranxénicos ponnos de mal humor, verdade? Eis unha lección de como se poden tratar temas moi serios-importantes cunha carga de humor moi efectiva. Disfrutai!

 

Mellor explicado imposible

Son Adrián e aquí vos deixo un vídeo do que está ocorrendo en España.

Soberanía alimentaria e CachoHorta

O pasado luns 27 de febreiro veu a Futuro de Indicativo-Profes a ex-presidenta do Sindicato Labrego Galego, Lidia Senra. Mantivemos con ela un interesantísimo coloquio no que se falou de temas particulares, como a nosa inminente Cacho-horta, e outros fundamentais na economía de actualidade, como o dumping ou a soberanía alimentaria, conceptos que tomaron gran relevancia dende que en 1996 se celebrara o Cumio Mundial da Alimentación da Organización para a Alimentación e a Agricultura (FAO).

Enténdese soberanía alimentaria a facultade de cada Estado para definir as súas propias políticas agrarias e alimentarias de acordo con obxectivos de desenvolvemento sostible e seguridade alimentaria. Deste xeito, apélase á responsabilidade de cada goberno de coidar a calidade dos seus produtos agrícolas, tanto por ben dos produtores (xerando un mercado local sostible) como dos cidadáns (garantindo a calidade dos produtos consumibles).

A definición que este principio obtivo no Foro de 2002 de Roma foi: “A soberanía alimentaria é o DEREITO dos pobos, comunidades e países a definir a súas propias políticas agrícolas, pesqueiras, alimentarias e de terra que sexan ecolóxica, social, económica e culturalmente apropiadas ás súas circunstancias únicas. Isto inclúe o verdadeiro dereito á alimentación e a producir os alimentos, o que significa que todos os pobos teñen o dereito a unha alimentación sa, nutritiva e culturalmente apropiada, e á capacidade para manterse a sí mesmos e ás súas sociedades.”

Dentro destas reivindicacións toma especial interés o concepto do dumping, proceso polo cal un país prima a exportación dun produto a prezos inferiores ós costes reais da súa produción. Seguramente algunha vez escoitastes ás vosas familias dicir que non podían mercar tomates de Pepa, de Cabo de Cruz, pois ían a 2.05€, mentres no Mercadona valen 1.80€ o kilo. Realmente credes que se pode vender tan barato un produto de calidade? só a costa de sobreexplotar a terra (pesticidas, abonos químicos) e ós traballadores (xornadas de 18 horas diarias, sen seguro médico nin dereitos laborais de ningún tipo).

Nun eido máis próximo, comezamos a planificar a nosa Cacho-horta, que ocupará un pequeno espacio na zona Sur da terra da Cachada, e que será xestionada dende o Departamento de Bioloxía. Pensamos en facer unhas I Xornadas da CachoHorta, nas cales convidariamos a toda a comunidade educativa para a plantación. Necesitamos a un coordinador boirense da horta, e parece que se ofrece o avó de Lidia Pardeiro (3ºB), non é? 😉

Déixovos aquí un link a un calendario de cultivos elaborado por EcoGalego, portal galego de ecoloxía moi vinculado á profe Cris…

 

Pecha Kucha en Boiro, 9 de febreiro na ABE. Adrián informa

O pasado xoves 9 de febreiro tivo lugar na ABE de Boiro un acto de Pecha Kucha ó que asistitu o noso reporteiro Adrián Gatbabche; aquí vos deixo o artigo que redactou. Parabéns por ese espíritu curioso, Adrián!!

O pasado xoves 9 de febreiro, tivo lugar na ABE (asociación boirense de empresarios) un proxecto pioneiro no mundo empresarial. Este proxecto chamado “Pucha Kucha”, tivo lugar en Xapón e consiste en explicar 20 imaxes cada unha durante 20 segundos. Cada empresario tivo que presentar a súa empresa desta forma. Neste evento participaron 6 empresas:
– Agalcari (asociación galega de carpinteiros de ribeira)
– Sonaxe (produtora de música)
– Espacio invisible (studio de diseño)
– Rotogal S.L
– Sargadelos
– Lou (conserveira)

Cada unha destas empresas falounos dos seus métodos de traballo, ideas e principios.
Agalcari:
Esta empresa ten moito en conta o respecto medioambiental e fálanos de termos como: sustentabilidade, ecoconcepción e econavegación tamén di que a madeira vai a ser o produto por exelencia do futuro.
Sonaxe:
Sonaxe no seu inicio foi unha empresa creada por dúas mulleres e unha forma de autoemprego. Esta empresa traballa coa escola de música de boiro. Esta empresa é unha cooperativa que é xestionada democraticamente. Esta empresa fai moitos obradoiros para xente maior xa que a música pode axudar a curar algunhas enfermidades. Teñen en mente un proxecto que é facer en Galicia unha rede de escolas musicais.
Espacio invisible:
Esta empresa traballa moito facendo moblería con aparencias e formas  típicas do mar. Usan materiais relacionados coa pesca e tamén reciclan algas para facer moblería.

Unha frase que pode definir a esta empresa é:

Deseño+produción autóctona+reciclaxe = posibilidades

Rotogal S.L:

Esta empresa traballa sempre buscando a innovación industrial. A súa produción e calidade é tal que exportan a 18 países. A súa produción baséase moito no seu entorno. Levaron a cabo un proxecto dun contedores de curación de molusco máis prácticos e mais pequenos tendo a mesma funcionalidade e isto fai que sexan mais  económicos coas que se solen usar.

Sargadelos:

Sargadelos traballa sempre mirando pola cultura, arte, economía e a tradición. Esta empresa traballa coa porcelana, a literatura e con actividades culturais. Sargadelos ten a mellor porcelana do mundo e en cambio a outras empresas a fabricación da súa porcelana faise en España e iso dálle moito valor engadido. Tamén crean por encargo podendo personalizar pezas.

Lou:

Esta empresa sempre está buscando a innovación para poder competir cos grandes como por exemplo, foi a primeira conserveira en España e comercializar con algas e a terceira con orizos. Tamén veu compatible a comercialización de castañas en lata xa que tiña moitos castiñeiros. Os seus traballadores fan moitos dos procesos á man,  como por exemplo: A extracción de materia prima.

Campus eduEmprende

O pasado martes 31 de xaneiro visitamos a Ulloa a coñecer tres exemplares empresas que aúnan conceptos que nos interesan: sostibilidade social e económica, respecto ó medioambiente, creatividade:

  • Granxa Maruxa, que pón música ás súas vacas e fai as mellores galletas de nata do mundo
  • Ovos Pazo Vilane, ou 30 000 galiñas que campan ó seu aire polas leiras da Ulloa
  • Arqueixal ecoagroturismo, complexo rural onde se poden degustar produtos lácteos ecolóxicos en vivendas construídas baixo criterios bioclimáticos
Para isto, Fátima e María de Promove Consultora e Eva de Gimena Ingeniería déronnos unhas clases previas de preparación (podes ver a presentación que fixeron na aula) e propuxéronnos un modelo de cuestionarios que levar ás empresas; Fungo gravou un documental que proximamente penduraremos. Todo isto formou parte dun proxecto financiado por BIC Galicia (Consellería de Economía e Industria) e xestionado por Promove Consultora.
Proximamente teremos a reportaxe das nosas avezadas xornalistas; ata entón, deixámosvos unha galería de imaxes da visita. A avaliación, unánime: fantástica e enriquecedora experiencia!!

 

Hai alternativas e non sabemos delas. Non interesa…


O BCE contraataca!!

Laura Davila rescata para o FdI o seguinte vídeo en debuxos animados onde se explica a importancia de manter a estabilidade de prezos, obxectivo último do BCE (Francfort, Alemania).

Pequenos docus para a hora de xantar

Eis os vídeos que vimos hoxe:

Pedro Olalla e o caso grego

Podedes averiguar algo máis deste intelectual no seu blog

O drama grego excede o xénero: morrer, ou morrer matando?

Hoxe Grecia anunciou que convocará un referendo para que os seus cidadáns decidan se aceptan ou non a axuda que lle ofreceu a UE.

Aquí podedes investigar a nova en RTVE.