Futuro de Indicativo Rotating Header Image

Marzo, 2012:

Conferencias TED

Onte o pai dun dos nosos Futúricos, Xabier Vázquez, falounos dun interesante evento: as TED, Tecnoloxía, Entretemento, Deseño. Trátase dunha organización sen ánimo de lucro dedicada ás “Ideas dignas de difundir”. TED organiza congresos anuais (TED Conference) e charlas (TED Talks) que cubren un amplio espectro de temas: ciencias, arte e diseño, política, educación, cultura, negocios, asuntos globais, tecnoloxía e desenvolvemento, entretemento. Houbo conferenciantes da talla do ex Presidente dos Estados Unidos, Bill Clinton, os Premios Nobel James D. Watson, Murray Gell-Mann, e Al Gore, o co-fundador de Microsoft, Bill Gates, os co-fundadores de Google Sergey Brin e Larry Page…

Hai máis de 900 charlas TED dispoñibles en liña para consulta e descarga gratuíta, traducidas a 80 idiomas e vistas máis de 500 millóns de veces.

Xabier recoméndanos esta intersantísima TED celebrada en Compostela, unha charla sobre a importancia de preservar a nosa identidade cultural como vía para deixar unha traza na historia actual. O conferenciante, Manolo Gago (Palmeira, 1976), é o director de culturagalega.org, sitio para divulgación cultural do Consello da Cultura Galega.  Profesor asociado da Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago, traballa no eido do ciberxornalismo. Podedes consultar o seu blog persoal, Capitulo 0.

Xuntanza coas familias, 26 de marzo

Non teñas medos a que rache…

Imos comezar un obradoiro de coiro: imos aprender, imos facer, imos vender e imos pagar do noso peto!!

Igual hai quen perdeu a folla…
Entón… que precisamos traer o día 10 de abril?

un boli
un cutter
unha tesoira forte
unha regra, preferentemente metálica
unha lámina de plástico (ex. carpeta vella), un carton fino (ex. caixa grande de galletas)
unha superficie de corte (ex. tabla de cortar)
un punzón, ou obxecto metálico puntiagudo
cordón, lazo, corda, non moi gordo, do grosor dun cordón dos zapatos… (aproveitade o que atopedes pola casa: reducir, reciclar, reutilizar!!)

Linguaxe audiovisual

Estes días en Futuro de Indicativo comezamos a gravar material de xeito menos informal; para presentarnos os conceptos imprescindibles á hora de gravar, veu Inés Dosil, de Muros, licenciada en audiovisuais, e deixounos esta interesante presentación:

A universidade dos pés descalzos

A Fala de Estremadura

OS LINGÜISTAS RELACIÓNANA MAIORITARIAMENTE CO GALEGO

Para moitos é descoñecido que os galegos que participaron na repoboación peninsular a partir do século XII deixaron a súa impronta nas zonas onde se asentaron. Así ocorreu no Val de Xálima, onde tres aldeas -As Ellas, San Martín de Trebello e Valverde do Fresno-, como tres aldeas “galas”, resistiron á presión lingüística do castelán durante séculos e mantiveron a transmisión xeracional da súa fala. Esta leva nome diferente segundo o falante sexa dun ou outro concello: mañego -mañegu- (San Martín de Trebellu), valverdeirovalverdeiru- Valverde do Fresnu e lagarteirolagarteiru– nas Ellas, pero todas teñen unha enorme proximidade lingüística.

Podedes ver nesta ligazón un breve vídeo para ir abrindo boca antes da excursión:

Granadilla: recuperando un pobo

Esta semana comunicáronnos que aceptan o noso proxecto no Programa de recuperación educativa de pobos abandonados!!! Deixámosvos aquí o folleto que nos enviaron, botade un vistazo para achegarnos algo á realidade do que imos ver. Claro está, hai que engadir todo o que se suma de convivir con xente descoñecida: veredes como algún volve chorando!! 😉

Soberanía alimentaria e CachoHorta

O pasado luns 27 de febreiro veu a Futuro de Indicativo-Profes a ex-presidenta do Sindicato Labrego Galego, Lidia Senra. Mantivemos con ela un interesantísimo coloquio no que se falou de temas particulares, como a nosa inminente Cacho-horta, e outros fundamentais na economía de actualidade, como o dumping ou a soberanía alimentaria, conceptos que tomaron gran relevancia dende que en 1996 se celebrara o Cumio Mundial da Alimentación da Organización para a Alimentación e a Agricultura (FAO).

Enténdese soberanía alimentaria a facultade de cada Estado para definir as súas propias políticas agrarias e alimentarias de acordo con obxectivos de desenvolvemento sostible e seguridade alimentaria. Deste xeito, apélase á responsabilidade de cada goberno de coidar a calidade dos seus produtos agrícolas, tanto por ben dos produtores (xerando un mercado local sostible) como dos cidadáns (garantindo a calidade dos produtos consumibles).

A definición que este principio obtivo no Foro de 2002 de Roma foi: “A soberanía alimentaria é o DEREITO dos pobos, comunidades e países a definir a súas propias políticas agrícolas, pesqueiras, alimentarias e de terra que sexan ecolóxica, social, económica e culturalmente apropiadas ás súas circunstancias únicas. Isto inclúe o verdadeiro dereito á alimentación e a producir os alimentos, o que significa que todos os pobos teñen o dereito a unha alimentación sa, nutritiva e culturalmente apropiada, e á capacidade para manterse a sí mesmos e ás súas sociedades.”

Dentro destas reivindicacións toma especial interés o concepto do dumping, proceso polo cal un país prima a exportación dun produto a prezos inferiores ós costes reais da súa produción. Seguramente algunha vez escoitastes ás vosas familias dicir que non podían mercar tomates de Pepa, de Cabo de Cruz, pois ían a 2.05€, mentres no Mercadona valen 1.80€ o kilo. Realmente credes que se pode vender tan barato un produto de calidade? só a costa de sobreexplotar a terra (pesticidas, abonos químicos) e ós traballadores (xornadas de 18 horas diarias, sen seguro médico nin dereitos laborais de ningún tipo).

Nun eido máis próximo, comezamos a planificar a nosa Cacho-horta, que ocupará un pequeno espacio na zona Sur da terra da Cachada, e que será xestionada dende o Departamento de Bioloxía. Pensamos en facer unhas I Xornadas da CachoHorta, nas cales convidariamos a toda a comunidade educativa para a plantación. Necesitamos a un coordinador boirense da horta, e parece que se ofrece o avó de Lidia Pardeiro (3ºB), non é? 😉

Déixovos aquí un link a un calendario de cultivos elaborado por EcoGalego, portal galego de ecoloxía moi vinculado á profe Cris…