Futuro de Indicativo Rotating Header Image

Conferencias TED

Onte o pai dun dos nosos Futúricos, Xabier Vázquez, falounos dun interesante evento: as TED, Tecnoloxía, Entretemento, Deseño. Trátase dunha organización sen ánimo de lucro dedicada ás “Ideas dignas de difundir”. TED organiza congresos anuais (TED Conference) e charlas (TED Talks) que cubren un amplio espectro de temas: ciencias, arte e diseño, política, educación, cultura, negocios, asuntos globais, tecnoloxía e desenvolvemento, entretemento. Houbo conferenciantes da talla do ex Presidente dos Estados Unidos, Bill Clinton, os Premios Nobel James D. Watson, Murray Gell-Mann, e Al Gore, o co-fundador de Microsoft, Bill Gates, os co-fundadores de Google Sergey Brin e Larry Page…

Hai máis de 900 charlas TED dispoñibles en liña para consulta e descarga gratuíta, traducidas a 80 idiomas e vistas máis de 500 millóns de veces.

Xabier recoméndanos esta intersantísima TED celebrada en Compostela, unha charla sobre a importancia de preservar a nosa identidade cultural como vía para deixar unha traza na historia actual. O conferenciante, Manolo Gago (Palmeira, 1976), é o director de culturagalega.org, sitio para divulgación cultural do Consello da Cultura Galega.  Profesor asociado da Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago, traballa no eido do ciberxornalismo. Podedes consultar o seu blog persoal, Capitulo 0.

Comments are closed.