Futuro de Indicativo Rotating Header Image

Marzo 2nd, 2012:

Granadilla: recuperando un pobo

Esta semana comunicáronnos que aceptan o noso proxecto no Programa de recuperación educativa de pobos abandonados!!! Deixámosvos aquí o folleto que nos enviaron, botade un vistazo para achegarnos algo á realidade do que imos ver. Claro está, hai que engadir todo o que se suma de convivir con xente descoñecida: veredes como algún volve chorando!! 😉

Soberanía alimentaria e CachoHorta

O pasado luns 27 de febreiro veu a Futuro de Indicativo-Profes a ex-presidenta do Sindicato Labrego Galego, Lidia Senra. Mantivemos con ela un interesantísimo coloquio no que se falou de temas particulares, como a nosa inminente Cacho-horta, e outros fundamentais na economía de actualidade, como o dumping ou a soberanía alimentaria, conceptos que tomaron gran relevancia dende que en 1996 se celebrara o Cumio Mundial da Alimentación da Organización para a Alimentación e a Agricultura (FAO).

Enténdese soberanía alimentaria a facultade de cada Estado para definir as súas propias políticas agrarias e alimentarias de acordo con obxectivos de desenvolvemento sostible e seguridade alimentaria. Deste xeito, apélase á responsabilidade de cada goberno de coidar a calidade dos seus produtos agrícolas, tanto por ben dos produtores (xerando un mercado local sostible) como dos cidadáns (garantindo a calidade dos produtos consumibles).

A definición que este principio obtivo no Foro de 2002 de Roma foi: “A soberanía alimentaria é o DEREITO dos pobos, comunidades e países a definir a súas propias políticas agrícolas, pesqueiras, alimentarias e de terra que sexan ecolóxica, social, económica e culturalmente apropiadas ás súas circunstancias únicas. Isto inclúe o verdadeiro dereito á alimentación e a producir os alimentos, o que significa que todos os pobos teñen o dereito a unha alimentación sa, nutritiva e culturalmente apropiada, e á capacidade para manterse a sí mesmos e ás súas sociedades.”

Dentro destas reivindicacións toma especial interés o concepto do dumping, proceso polo cal un país prima a exportación dun produto a prezos inferiores ós costes reais da súa produción. Seguramente algunha vez escoitastes ás vosas familias dicir que non podían mercar tomates de Pepa, de Cabo de Cruz, pois ían a 2.05€, mentres no Mercadona valen 1.80€ o kilo. Realmente credes que se pode vender tan barato un produto de calidade? só a costa de sobreexplotar a terra (pesticidas, abonos químicos) e ós traballadores (xornadas de 18 horas diarias, sen seguro médico nin dereitos laborais de ningún tipo).

Nun eido máis próximo, comezamos a planificar a nosa Cacho-horta, que ocupará un pequeno espacio na zona Sur da terra da Cachada, e que será xestionada dende o Departamento de Bioloxía. Pensamos en facer unhas I Xornadas da CachoHorta, nas cales convidariamos a toda a comunidade educativa para a plantación. Necesitamos a un coordinador boirense da horta, e parece que se ofrece o avó de Lidia Pardeiro (3ºB), non é? 😉

Déixovos aquí un link a un calendario de cultivos elaborado por EcoGalego, portal galego de ecoloxía moi vinculado á profe Cris…