Futuro de Indicativo Rotating Header Image

Febreiro, 2012:

Pecha Kucha en Boiro, 9 de febreiro na ABE. Adrián informa

O pasado xoves 9 de febreiro tivo lugar na ABE de Boiro un acto de Pecha Kucha ó que asistitu o noso reporteiro Adrián Gatbabche; aquí vos deixo o artigo que redactou. Parabéns por ese espíritu curioso, Adrián!!

O pasado xoves 9 de febreiro, tivo lugar na ABE (asociación boirense de empresarios) un proxecto pioneiro no mundo empresarial. Este proxecto chamado “Pucha Kucha”, tivo lugar en Xapón e consiste en explicar 20 imaxes cada unha durante 20 segundos. Cada empresario tivo que presentar a súa empresa desta forma. Neste evento participaron 6 empresas:
– Agalcari (asociación galega de carpinteiros de ribeira)
– Sonaxe (produtora de música)
– Espacio invisible (studio de diseño)
– Rotogal S.L
– Sargadelos
– Lou (conserveira)

Cada unha destas empresas falounos dos seus métodos de traballo, ideas e principios.
Agalcari:
Esta empresa ten moito en conta o respecto medioambiental e fálanos de termos como: sustentabilidade, ecoconcepción e econavegación tamén di que a madeira vai a ser o produto por exelencia do futuro.
Sonaxe:
Sonaxe no seu inicio foi unha empresa creada por dúas mulleres e unha forma de autoemprego. Esta empresa traballa coa escola de música de boiro. Esta empresa é unha cooperativa que é xestionada democraticamente. Esta empresa fai moitos obradoiros para xente maior xa que a música pode axudar a curar algunhas enfermidades. Teñen en mente un proxecto que é facer en Galicia unha rede de escolas musicais.
Espacio invisible:
Esta empresa traballa moito facendo moblería con aparencias e formas  típicas do mar. Usan materiais relacionados coa pesca e tamén reciclan algas para facer moblería.

Unha frase que pode definir a esta empresa é:

Deseño+produción autóctona+reciclaxe = posibilidades

Rotogal S.L:

Esta empresa traballa sempre buscando a innovación industrial. A súa produción e calidade é tal que exportan a 18 países. A súa produción baséase moito no seu entorno. Levaron a cabo un proxecto dun contedores de curación de molusco máis prácticos e mais pequenos tendo a mesma funcionalidade e isto fai que sexan mais  económicos coas que se solen usar.

Sargadelos:

Sargadelos traballa sempre mirando pola cultura, arte, economía e a tradición. Esta empresa traballa coa porcelana, a literatura e con actividades culturais. Sargadelos ten a mellor porcelana do mundo e en cambio a outras empresas a fabricación da súa porcelana faise en España e iso dálle moito valor engadido. Tamén crean por encargo podendo personalizar pezas.

Lou:

Esta empresa sempre está buscando a innovación para poder competir cos grandes como por exemplo, foi a primeira conserveira en España e comercializar con algas e a terceira con orizos. Tamén veu compatible a comercialización de castañas en lata xa que tiña moitos castiñeiros. Os seus traballadores fan moitos dos procesos á man,  como por exemplo: A extracción de materia prima.

Campus eduEmprende

O pasado martes 31 de xaneiro visitamos a Ulloa a coñecer tres exemplares empresas que aúnan conceptos que nos interesan: sostibilidade social e económica, respecto ó medioambiente, creatividade:

  • Granxa Maruxa, que pón música ás súas vacas e fai as mellores galletas de nata do mundo
  • Ovos Pazo Vilane, ou 30 000 galiñas que campan ó seu aire polas leiras da Ulloa
  • Arqueixal ecoagroturismo, complexo rural onde se poden degustar produtos lácteos ecolóxicos en vivendas construídas baixo criterios bioclimáticos
Para isto, Fátima e María de Promove Consultora e Eva de Gimena Ingeniería déronnos unhas clases previas de preparación (podes ver a presentación que fixeron na aula) e propuxéronnos un modelo de cuestionarios que levar ás empresas; Fungo gravou un documental que proximamente penduraremos. Todo isto formou parte dun proxecto financiado por BIC Galicia (Consellería de Economía e Industria) e xestionado por Promove Consultora.
Proximamente teremos a reportaxe das nosas avezadas xornalistas; ata entón, deixámosvos unha galería de imaxes da visita. A avaliación, unánime: fantástica e enriquecedora experiencia!!