Futuro de Indicativo Rotating Header Image

Xornadas científicas internacionais sobre tranxénicos

Aquí vos deixamos un anuncio dunhas interesantes xornadas que van ter lugar este finde. Se alguén as sigue, que comente algo neste post!!

Os transxénicos no ámbito científico, agrícola, medioambiental e da  saúde

Os argumentos contrarios aos transxénicos non son só cousa de agricultores, consumidores ou ecoloxistas. Cada vez son máis os científicos que aportan novos datos e evidencias que demostran que os organismos modificados xeneticamente son un perigo para a saúde e o medio ambiente. Unha mostra de eso son as próximas Xornadas Científicas Internacionais sobre transxénicos, nas que participarán numerosos investigadores nacionais e doutros países da Unión Europea cun obxectivo común: analizar os riscos dos transxénicos desde todas as perspectivas posibles e terminar co mito de que a oposición aos OMG non tén base científica.

Día: 10 e 11 de noviembre de 2011, Hora: A presentación das Xornadas terá lugar ás 10h, Lugar: Escuela de Organización Industrial (EOI), Avda Gregorio del Amo, 6, Madrid (Ciudad Universitaria).

Nelas participarán desde científicos de recoñecido prestixio como Gilles-Éric Seralini o Christian Vélot ata agricultores como Jerónimo Aguado ou Antonio Ruiz que poderán ampliar información ou conceder entrevistas aos medios que o desexen.

As xornadas retransmitiranse por streaming no seguinte enlace:

http://www.greenpeace.org/espana/es/Trabajamos-en/Transgenicos/

Organizan: Amigos de la Tierra, CECU, COAG, Greenpeace, Ecologistas en Acción e Plataforma Rural.

Para máis información: Amigos de la Tierra, Teresa Rodríguez, responsable de Comunicación: 680 936 327, COAG, Rubén Villanueva, responsable de Comunicación: 91 534 63 91, Greenpeace, Conrado García, responsable Prensa: 660 47 12 67, Ecologistas en Acción, José Vicente Barcia, 91 531 27 39

One Comment

  1. Cris di:

    Xa están os vídeos dalgunhas conferencias colgados aquí:
    http://www.ecologistasenaccion.org/article21760.html