Futuro de Indicativo Rotating Header Image

Novembro 2nd, 2011:

O drama grego excede o xénero: morrer, ou morrer matando?

Hoxe Grecia anunciou que convocará un referendo para que os seus cidadáns decidan se aceptan ou non a axuda que lle ofreceu a UE.

Aquí podedes investigar a nova en RTVE.

Despegamos!!!

Benvido todo o mundo ó blog no que subiremos os nosos proxectos e todo aquelo que nos chame a atención sobre o noso proxecto, que para que saibades, consiste en…

… CRER QUE PODEMOS ELIXIR O NOSO FUTURO!!!

Traballaremos duro para investigar qué está pasando no mundo hoxe, e en qué repercute iso en Boiro; despois pescudaremos as opcións laborais que existen e decidiremos cales nos gustan máis (eduEmprendendo!); finalmente, baixaremos a mirada ó chan para ver cómo podemos seguir compartindo a vida coa Terra sen que esmorezamos ela amais nós…